A través do stand conxunto da Xunta de Galicia, xunto con outros artesanos da comunidade, dá a coñecer as novas vaixelas de deseño e complementos de mesa. Todas as pezas son fabricadas e decoradas totalmente a man, polo que aparte de ser deseños únicos, danlle un valor engadido a cada peza, sendo cada unha delas exclusiva. É unha cerámica para vestir a mesa e ó mesmo tempo utilitaria, son pezas esmaltadas que poden ir a microondas e lavavaixelas, co seu rexistro sanitario correspondente.