23 de Maio de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

8 medallas lograron os atletas veterans do C.D.Egovarros-Viveiro, no campeonato galego de campo a través

12-02-18

image3 (1)Viveiro 12-2-18. O pasado sábado celebrouse na localidade coruñesa de Cabanas, o Campeonato de Galego de Veteráns de Campo a Través, cunha participación de máis de 250 atletas que representaron a maioría dos clubes Galegos. A proba desenrolouse no circuíto do pinar de Cabanas, nunha tarde fría e con chuvia o que dificultou aínda máis a realización da proba.

A carreira comenzou ás 16:30 coas categorías de veteráns masculinos de M45 en adiante, que deron 4 voltas ó circuíto cunha distancia total de 5500 metros, igual distancia correron as veterans femenino que realizaron a súa saída ás 17:05 da tarde e ás 17:35 correron os veteráns M35 e M40 qut tiveron que facer 5 voltas e completar 7000 metros.

O C.D.Egovarros-Viveiro presentou 21 atletas na proba, logrando 8 medallas individuais e unha medalla por equipo. No apartado femenino, en W60, Begoña de Arriba logrou a medalla de bronce, a súa compañeira e debutante co C.D.Egovarros, Elisa Paz, proclamouse campeona galega en W55, e Susana Parguiña en W50, foi medalla de bronce. No apartado masculino, en M75, José Rioseco proclamouse campeon galego e Antonio Cabana en M75 foi medalla de prata, en M70, Antonio Hernandez fíxose có campeonato galego, en M65, Domingo Álvarez acadou a medalla de prata ,en M40, Esteban Rioseco foi medalla de bronce. E por equipos en máis de 60 anos, o C.D. Egovarros-Viveiro fíxose coa medalla de prata.

O próximo campeonato no que participarán atletas do clube viveirense é o Campeonato de España de Pista Cuberta, que se celebrará na cidade de Salamanca, do 2 ó 4 de marzo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive