17 de Novembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Concelleira de Turismo de Viveiro, María Soledad Rey Yáñez, reunirase este venres, 9 de febreiro, coa Directora de Marketing Internacional de WEE, World Entertainment Events, empresa líder que opera dende Portugal e que está especializada en consultoría, xestión e creación de eventos en diversas áreas.

09-02-18

Nesta xuntanza a concelleira daralle a coñecer os diversos recursos cos que conta Viveiro co fin de sexa valorado pola empresa como destino dos diferentes eventos que WEE organiza en Galicia. Esta xuntanza é posible grazas ao contacto establecido en Xantar 2018, a Feira de Turismo Gastronómico que se celebrou o pasado fin de semana en Ourense, demostrando a importancia de promover o noso municipio e establecer contactos coas empresas que participan nas feiras do sector.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive