Esta charla, titulada Os postos de vixilancia na Galicia Cantábrica, Século XVIII, será ofrecida por José María Leal Bóveda e celebrarase no Salón de Conferencias (antiga Biblioteca) ás 19:00 horas. José María Leal é licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Oviedo, doutor en Xeografía pola USC, máster en Xestión do Patrimonio Cultural e membro de numerosos colectivos. Entre as moitas publicacións das que é autor figuran: Hórreos, molinos y fuentes de la tierra de Viveiro, As construcións do ciclo do pan na Mariña de Lugo e O hórreo na Mariña de Lugo. Proposta para a súa catalogación, restauración e posta en valor. O caso de Foz.