20 de Novembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A parroquia de San Román celebrará o entroido o vindeiro sábado, 17 de febreiro

12-02-18

120118 Entroido San RománA parroquia de San Román celebrará o Entroido o vindeiro sábado, 17 de febreiro. A cita, organizada pola Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras, coa colaboración do Concello de Cervo, foi presentada polo alcalde, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés; e por Raquel Ferreira, en representación das Espalladoras, e Leandro Río, como Presidente da Asociación de Montes Veciñais de San Román, que tamén colabora no evento. A Festa será ás 22:30 horas no Pavillón e estará amenizada pola orquestra La Ola ADN. Repartiranse case 1500 euros en premios para os mellores disfraces, nas categorías infantil individual, parella e grupo; e adultos individual, parella, grupo, comparsa e charanga. A inscrición pode facerse chamando ao teléfono 656 272 802.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive