26 de Setembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A piscina municipal de Ribadeo renovou todas as bicis para spinning e acaba de poñer en marcha unha nova actividade chamada bodyattack

21-02-18

210218 NOVAS BICIS SPINNING EN BEONE RIBADEORibadeo, 21 de febreiro de 2018. A piscina municipal de Ribadeo renovou as 15 bicis de ciclo para spinning que hai na sala do centro deportivo BeOne, que ademais acaba de poñer en marcha unha nova actividade, chamada Bodyattack.
O director do centro deportivo, Javier Canel, explicou que “as novas bicis para a práctica do spinning son da marca Precor, que é das mellores que hai no mercado para este tipo de equipamentos” e comentou que “tres das bicis que foron substituídas, as que se atopaban en mellor estado de conservación, foron doadas ao Club de Remo de Ribadeo”. Ademais en breve os usuarios de BeOne Ribadeo contarán cunha máquina nova para a sala de ximnasio que substituirá á multipower que hai actualmente para facer sentadillas.
BeOne Ribadeo tamén acaba de poñer en marcha unha nova actividade, chamada Bodyattack, que “é moi esixente, poden chegar a consumirse 735 calorías por sesión e ten moi boa aceptación”. O Bodyattack é unha clase intensa de adestramento que combina movementos aeróbicos atléticos de diferentes deportes con exercicios para mellorar a forza, a resistencia e a estabilidade postural. Entre os beneficios que aporta están o aumento da capacidade funcional do corazón e os pulmóns. Tamén mellora a coordinación e a axilidade, define e tonifica os músculos e aumenta a forza e a resistencia muscular.
As instalacións de BeOne en Ribadeo, que están na rúa Pintor Fierros, contan con tres zonas: unha de auga cun espazo dedicado a zona spa, unha sala onde se dan actividades en seco e un ximnasio de musculación cunha parte de tonificación e outra de cardio. O director do centro explicou: “pretendemos que as actividades da sala estean dirixidas á maior cantidade de usuarios, desde xente moi nova ata os máis maiores. Hai varios tipos de ofertas, con intensidades altas, medias e baixas. Tamén temos actividades para junior e kids e na auga ofertamos natación tanto para adultos como para nenos”.
Canel especifica: “ademais do BodyAttack ofrecemos outras actividades de alta intensidade, como o Global, que se fai con música e material de tonificación; o Body Combat, que é un traballo coreografiado moi bonito con actividades de artes marciais con música cardio extrem; e os Heroican Training, que son adestramentos que adaptamos as carreiras de obstáculos que agora están moi de moda. Tamén temos actividades medias como ritmos, que é o que a xente coñece como zumba; bikes, que é bicicleta estática con música; GAP, que é a tonificación de varias partes do corpo, en este caso glúteos, abdominais e pernas. Ademais hai actividades baixas como pilates ou Be Salus, que van encamiñadas a un perfil de usuario con actividade máis tranquila ou que despois de rematar unha das actividades de alta intensidade quere facer estiramentos ou pilates”.
O director de BeOne Ribadeo engade que “as actividades junior e kids van dirixidas a nenos e nenas desde 6 ata 15 anos. En auga temos actividades para nenos, como os cursos de natación na escola que leva funcionando desde sempre, e para os adultos hai perfeccionamento e aprendizaxe”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive