17 de Novembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Xunta financia con 1,1 millóns de euros preto dunha trintena de cursos de formación para traballadores desempregados na Mariña

13-02-18

130218 Cursos AFD 2Cervo, 13 de febreiro de 2018.- A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina preto de 1.132.000 euros a 27 cursos de formación dirixidos prioritariamente a traballadores desempregados (AFD) que están previstos na comarca da Mariña e que promoven diferentes concellos e entidades.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, subliñou hoxe en Cervo que este investimento da opción a máis de 400 persoas a mellorar a súa cualificación profesional ou reorientala cara a especialidades con demanda no mercado laboral.

Balseiro visitou aos participantes no curso sobre “Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería” en compañía do alcalde da localidade, Alfonso Villares. O delegado explicou que neste momento están xa en marcha 17 dos cursos previstos na comarca, dous deles organizados polo Concello de Cervo -que ten en total catro concedidos-: o de xardinaría e outro sobre “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”.

O delegado engadiu que entre os promotores dos cursos figuran tamén os concellos de Burela, que ten seis cursos autorizados e dous xa en marcha; Xove, cos tres xa en funcionamento, e O Vicedo, que está a impartir un sobre atención sociosanitaria. Igualmente, hai cursos organizados por centros de formación homologados e pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) na Mariña.

Neste sentido, Balseiro afirmou que “unha das principais vantaxes da programación de cursos AFD é que todas as entidades promotoras axudan a confeccionala de acordo coas demandas de emprego que detectan no seu entorno”.

Así, entre as especialidades propostas destacan as relativas á atención sociosanitaria, un campo no que se abriron nos últimos anos novas perspectivas de emprego, pero tamén se recollen accións formativas en socorrismo, tarefas administrativas ou promoción turística, entre outras.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive