25 de Maio de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Alfredo Llano fixo unha valoración positiva da xuntanza mantida este xoves en Santiago co xerente do consorcio da igualdade e do benestar. O rexedor anunciou que na primavera se procederá a axardinar a nova escola infantil de Burela

09-02-18

080218 Foto xuntanza Consorcio 1Burela, 8 de febreiro de 2018. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, reuniuse hoxe co xerente do Consorcio da Igualdade e do Benestar, Perfecto Rodríguez, para falar das dúas escolas infantís que hai no concello. Llano e Rodríguez analizaron a débeda que teñen contraída os Concellos co Consorcio e que vai dos anos 2008 ao 2016. Durante ese período terían que ter aportado 1.500 euros ao ano por alumno mentres que agora o que teñen que pagar é 900 euros por alumno ao ano. O Consorcio establece un prazo de 5 anos para aboar a débeda pendente.
O rexedor burelés dixo que “tivemos unha reunión, eu penso que moi positiva, co xerente do Consorcio de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, e estivemos organizando un pouco todo o que concirne ás escolas infantís de Burela. Hai unha serie de cuestións que quería aclarar, e está disposto a colaborar para que todo marche perfectamente. Hai que dicir que as dúas escolas infantís que están en Burela agora mesmo están exercendo o seu servizo perfectamente. Había algún tema derivado das obras que tivemos que aclarar e había algunha cousa que tivemos que subsanar, e como a reunión tamén foi con técnicos penso que vai estar subsanado todo en breve”.
Alfredo Llano contou que “hai unha cuestión que preocupa porque hai unha débeda histórica derivada do pago que tiñan que facer todos os Concellos, que ata de agora non pagaban nada. Hai unha débeda histórica desde 2008 e agora hai que aplicala de acordo co convenio coa FEGAMP e a Consellería, polo tanto hai que facelo efectivo. Lembrar que sería 900 euros por alumno/ano, e cada concello ten que encargarse do mantemento, do consumo de electricidade, da calefacción e da limpeza. Ese convenio antes estipulaba 1.500 euros por alumno e ano e agora son 900 por alumno e ano”.
O alcalde manifestou que “a débeda de Burela imos tentar chegar a un acordo este ano 2018 para que se empece a aplicar a partir do final do 2019 ou para o ano 2020 que se empece a pagar de acordo co convenio. Ese convenio di que esa débeda que teñen os concellos co Consorcio vaise facer en cinco anualidades e van ser limitadas ao 50% da débeda que teñan, e tamén se poden incluír todas aquelas obras de investimentos que se fixeron nas escolas infantís. Así que trataremos de mirar canto se debe e telo en conta para orzamentos posteriores e deixar cartos suficientes para ir pagando. Hai que reunirse a través dunha comisión de seguimento, hai que analizar todos os gastos que hai ata o de agora, porque a partir do ano 2017 xa estamos aplicando o convenio nas dúas escolas infantís. Este ano deixamos en Burela 155.000 euros para pagar o noso aporte ás escolas infantís”.
Llano comentou que “quedamos en mirar todos aqueles investimentos que haxa que facer en calquera das dúas escolas, para facelos desde o Concello e o que custen descontalo do aporte que temos que facer anual. Pode ser unha boa medida posto que iso axilizaría as obras a levar adiante. Tamén quedamos de axardinar a escola infantil nova de cara á primavera”.
E engadiu: “ademais preguntei se a Xunta, dado que as escolas infantís son unha responsabilidade directa, vai asumir gastos que son moi caros para os Concellos. Por exemplo no noso, hai que lembrar que aportamos o solar, aportamos o 40% de todo o custe da obra, e tivemos que facer inversións como o peche perimetral e outras obras para que se puxera en funcionamento rapidamente. Imos tratar que aquelas obras que fixemos como investimento na nova escola infantil se teñan en conta agora ao pagar o convenio”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive