23 de Maio de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

APAGA Ofrece a posibilidade de recibir formación nos idiomas oficiais da Unión Europea ás persoas refuxiadas que se atopen en Galicia

12-02-18

Ribadeo, 12 de febreiro de 2018. A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) ofrece a persoas refuxiadas a posibilidade de recibir formación en calquera dos idiomas oficiais da Unión Europea. @s interesad@s poden obter máis información a través do correo electrónico da asociación apagaribadeo@gmail.com.
O presidente de APAGA, Álvaro Doural, explicou que “dentro do plan que o ano pasado xa comezamos de apoio a refuxiados, no cal dúas persoas da asociación estiveron nunha reunión de Berlín, estamos agora a abrir a posibilidade de que toda esta xente que está na nosa rexión e que queiran formarse nun dos idiomas oficiais da Unión Europea, neste caso español, inglés ou portugués… nós imos ter a posibilidade de ofrecerlles a plataforma de formación online que ten Erasmus + a esas persoas, é dicir que a través de nós como beneficiarios de proxectos de Erasmus + temos esa posibilidade”.
Doural engadiu que “aquelas persoas que estean interesadas e entren dentro deste grupo de xente, poñéndose en contacto con nós a través do correo electrónico de apagaribadeo@gmail.com, nós podemos facilitarlles unha licenza para formarse en calquera dos idiomas da Unión Europea”.
O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia subliñou que “esta acción é para refuxiados”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive