21 de Agosto de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

As axudas “lideradas” pola Xunta do PP permitiron que a provincia aglutinase en 2017 o 20% das incorporacións ao rural

12-02-18

27709595_10210411011660251_5621317735313668888_oLUGO, 12 de febreiro de 2018.- O secretario de Organización e deputado autonómico, Daniel Vega, pon en valor o esforzo inversor da Xunta de Galicia para impulsar o medio rural e asentar poboación no mesmo, a través de iniciativas como os Plans de Mellora e de Incorporación. E é que, “grazas a estas iniciativas, lideradas por un Goberno do PP, comprometido co sector agrogandeiro e o campo en xeral”, o que se pretende, indica, “é pasar de labregos por obrigación a gandeiros por vocación”, endendéndose esta última dende unha pespectiva da formación e da profesionalización.

Concretamente, en 2017, 1.064 mozos asumiron a titularidade de explotacións de carne e de leite en Galicia; “unha cuestión que considero non é menor, pois se traduce en emprego e en autoemprego”. Desta cantidade, preto de 200 corresponden á provincia de Lugo, é dicir, case o 20% de toda a Comunidade.

Para o popular, a aposta da administración autonómica cobra máis importancia se se ten en conta que, con este tipo de Plans, tamén se avanza nas melloras da xenética, da alimentación do gando, así como do manexo e do benestar animal.

“O rural temos que dotalo de orzamento, pero se ademais xuntamos formación e vocación, danos profesionalización, e esta profesionalización é significado de futuro. Por tanto, se a Xunta de Galicia segue traballando nesta senda, haberá unha actividade económica con mimbres importantes para crear postos de traballo directos e indirectos nas explotacións”, explica o deputado autonómico.

Asentamento de poboación e relevo xeracional
Deste xeito, con estas medidas arbitradas polo departamento que dirixe Ánxeles Vázquez, cada nova incorporación leva aparellada unha axuda de 25.000 euros, ademais dun adianto do 60% para emprender o seu proxecto de vida no rural, contribuíndo así, indica, “a paliar o forte declive demográfico que temos e a incentivar o relevo xeracional; outros dos obxectivos nos que está a traballar intensamente o Goberno de Feijóo”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive