25 de Setembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Balseiro lembra á alcaldesa de Viveiro que a Xunta destina cada ano máis de 500.000 euros para que o Concello os invista libremente naquelo que considere oportuno

23-02-18

Viveiro, 23 de febreiro de 2018. O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que cada ano o Concello de Viveiro, recibe máis de medio millón de euros procedentes do Fondo de Cooperación Local que pode destinar a financiar os investimentos que considere oportunos.

As devanditas declaracións teñen lugar despois de que a alcaldesa asegurase que botaba en falta que a Xunta realice un proxecto similar ao plan único da Deputación de Lugo.

Balseiro aclara ademais que esta achega autonómica é periódica, pois o Concello de Viveiro a recibe ano tras ano desde 2010, e ademais superior á achega da Deputación, xa que logo, só en 2017 foi de 532.069,73 euros. Outra das súas vantaxes máis significativas é que se trata dunha achega incondicionada, da que o Goberno local pode dispoñer e destinala ao que o propio Concello decida libremente, mentres que a Deputación condiciona o destino dos recursos.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive