O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, asistiu hoxe no IES de Foz ao XI Concurso Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería que organiza o centro. Balseiro lembrou que o instituto celebra tamén estes días a sexta edición do Campionato Internacional de Cata de Cafés das Escolas de Hostelería e do Campionato Internacional de Baristas Profesionais. O delegado gabou o labor da comunidade educativa do IES por ter situado ao centro “no mapa das mellores escolas de hostalería do país”. Neste sentido, afirmou que a concorrencia de participantes e de patrocinadores “demostra o prestixio que alcanzaron os campionatos, que non é senón o reflexo do prestixio que alcanzou o instituto no que se refire ás ensinanzas da rama de hostalería”.