25 de Setembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Barcelona B 5-4 Pescados Rubén

17-02-18

victor-barcelona18Burela 17-2-18. O Pescados Rubén Burela FS non puido seguir coa dinámica positiva da segunda volta. Foi na pista do Barcelona B Lassa (5-4) na xornada 21, nunha cita na que os locais levaron a batuta no electrónico desde os compases iniciais. O cadro de Juanma Marrube reaccionou con contundencia superado o ecuador da segunda parte, atopou o 5-4 con porteiro xogador no 37 e dispuxo de ocasións ata o suspiro final.

Dúas boas defensas situáronse na pista. O pau freou unha de ouro dos laranxas e foi o conxunto local o que se adiantou no marcador xa no minuto 2, con diana de Cardona nun disparo afastado, que ampliou Hugo Alonso cumpríndose o ecuador da primeira parte. O Pescados Rubén conseguiu reducir distancias nas zapatillas de Hélder en acción individual, a falta de 3 minutos para o descanso, pero de novo os cataláns atoparon a portería de Edu, con Uri Santos, rozando o descanso.

Os de Juanma Marrube frearon a avalancha local tras a expulsión de Renato, coa segunda amarela no minuto 23. No 28, os locais anotaron o cuarto. Luisma, nunha xogada ensaiada, liderou a remontada co 4-2 no minuto 31 e a escasos segundos Chus conseguiu reducir co 4-3. A serenidade recuperada polo Barcelona no minuto 37, co 5-3 de Roberto, atopou reacción inmediata dos galegos con Chus, con xogo de cinco. Os barceloneses sacaron o empate sobre a bocina.

Ficha técnica

FC Barcelona B Lassa: S. Sahuquillo, Uri Santos, Luís, Nil Closas, A Cardona, cinco inicial; tamén xogaron Hugo Alonso, Daniel, Peiro, Rober, Juan José

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Hélder, Chus, Colacha, Renato, cinco inicial; tamén xogaron Víctor, Pope, Luisma, Héctor

Goles: 1-0, minuto 2, Cardona; 2-0, minuto 10, Hugo Alonso; 2-1, minuto 17, Hélder; 3-1, minuto 20, Uri Santos; 4-1, minuto 28, Luís García; 4-2, minuto 31, Luisma; 4-3, minuto 31, Chus; 5-3, minuto 37, Roberto; 5-4, minuto 37, Chus

Árbitros: Sánchez López // Sanclemente Elvira. Por Barcelona amarela para Oriol Santos, Nil Closas, Rober. Por Burela amarela para Chus, Luisma, Renato (dobre amarela)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 21 de Segunda LNFS, disputado na Cidade Deportiva Joan Gamper

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive