20 de Novembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Cambio de data do desfile no caso de chuvia en Viveiro

12-02-18

Viveiro 12-2-18. O Concello ten organizado o seu Gran Desfile de Antroido para este martes, 13 de febreiro, tendo o seu punto de partida ás 17:30 horas, dende Verxeles para rematar na Praza Maior. O concello ten previsto entregar uns 7.000 euros en premios a repartir entre as distintas categorías: carrozas, grupos, comparsas con música, parellas e individual, ademais do Premio do Xurado á Orixinalidade, do Premio do Xurado ao humor e do Premio ao participante máis lonxevo (estes dous últimos premios patrocinados polo CCHV e polo restaurante O Muro); no importe referido inclúense tamén a axuda especial de 200 € máximo a cada unha das carrozas participantes.

As predicións para o día de mañá anuncian chuvias xeneralizadas ao longo do día; por este motivo, no suposto de que as inclemencias meteorolóxicas impidan a celebración do desfile mañá martes, tal e como está previsto, este celebrarase o vindeiro sábado.

O concello tomou a decisión de celebrar o desfile noutra data, no caso de que non poida saír mañá, para non botar a perder o traballo de tantos e tantos días e máis a ilusión dos 500 participantes apuntados que, a día de hoxe, figuran inscritos nas distintas categorías. Barallamos varias opcións e decidimos trasladalo, no caso de que sexa necesario, ao vindeiro sábado, para non facelo coincidir co Entroido de Lourenzá, que se celebra o domingo, e entendendo que ese día non coincidiría con ningún outro desfile da zona. Entendemos que ese cambio podería supoñer un prexuízo e que, por motivos laborais ou doutra índole, haberá xente que non poida asistir, pero consideramos que é a mellor opción posible de celebrar o desfile, nestas días, sen solapar outros eventos.

En todo caso, a día de hoxe, debemos centrarnos en esperar que o tempo nos dea unha tregua e que as predicións non se cumpran, podendo saír mañá á rúa, tal e como estaba previsto. Estaremos pendentes do ceo e iremos comunicando, a través das redes sociais, calquera noticia ao respecto.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive