17 de Novembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

CxG Cervo califica de desasastrosa e incompetente a xestión de Villares ao fronte da piscina municipal de Lieiro

13-02-18

Cervo 13-2-18. Jose Luís Moñita , Secretario local de CxG Cervo, denuncia que a piscina de San Cibrao leva sendo non apta para o baño dende principios de Xaneiro deste ano. Nun primeiro momento o señor Alcalde achacóu a falta de temperatura a unha avaría de Alcoa a cal non podía envíar en condicións o condensado, tal e como comunicou con data 9-1-2018, avaría que en realidade non era de Alcoa senon da falta de mantemento dos intercambiadores da piscina e cuxa función corresponde ao Concello.

O señor Villares está moi afeito a botar as culpas a outros con tal de non asumir as súas responsabilidades. Lembramos tamén que con data 13 de xaneiro comunicóu que a piscina xa estaba operativa, cousa que ata agora, un mes despois, non e certo. Parece ser que tras esta falsa avaría de Alcoa sucedéronse outras impredicibles avarías nas instalación froito dá clara falta de mantenimento e previsión por parte do Concello de Cervo. Parece ser que o mantenimento da piscina e un gran esforzo para as arcas municipais, cousa que non deixa de causar perplexidade, xa que o maior custo deste tipo de instalación é xustamente o quentamento do vaso, e neste caso saelle gratis ao Concello grazas a Alcoa. E curioso que unhas instalacións coma as de Lieiro, únicas na sua categoría, non pódanse atender polo custo que supón e con todo o señor Vilares poda gastarse máis de 60.000 € no Gadélica, máis de 25.000 € na festa do Ourizo, e xa nin falamos das instalación de Sargadelos!! Polo pronto os socios da piscina e abonados ocasionáis xa van estar sen gozar da piscina máis de dous meses este ano, xa que a mesma pecha un mes no verán para “labores de mantenimento” e descanso do persoal. Está claro que este mes enteiriño para mantenimento non debe chegar cando fallan os intercambiadores , as tubaxes das duchas, e a tubaxe dos flitros.

Recórdolle ao Señor Villares que moitos abonados precisan de ditas instalacións non soamente por facer deporte e manterse en forma, senón que en moitos casos son por motivos de saude, moitas veces con prescrición facultativa, e que están a ver moi reducida a sua calidade de vida pola sua incompetencia. Tamén suspendéronse cursos de natación. Non vale con devolver ou descontar os cartos, a sua obriga e dar ou servizo en condicións.

Chámanos tamén moito a atención que cunhas instalacións únicas non exista equipo de natación en Cervo, e con todo si en Xove, o que é unha clara falta de aposta por parte de Villares de xestionar correctamente estas instalacións. Seguro que o padel e o futbol reciben mellor trato. Parece haber unha animadversión por parte do Concello con respecto a piscina Municipal de Lieiro. Tal vez o señor Alcalde debería de pensar mais en atender as suas instalacións como poden ser a piscina de lieiro, as instalacións de Rio Covo, o paseo marítimo, as escolas de San Román, os servizos dás praias, etc etc e deixarse de pensar tanto en festas, xogar aos cromos e xogar ao pilla pilla.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive