17 de Novembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Moción do grupo municipal de “Foz, plataforma de futuro”, para instar á Deputación provincial á limpeza de cunetas da estrada da Cernada en Vilaronte LU-P-2003

13-02-18

Foz 13-2-18. O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Son numerosas as estradas do noso concello que están en moi mal estado, moitas veces dependendo da falta de limpeza das cunetas e tubos de distintas entradas a fincas que se encontran atascados. Esta estrada que nos referimos nesta moción atópase en moi boas condicións de asfaltado, sen embargo ten unha importante carencia na limpeza das cunetas, o que provoca que a auga en vez de discorrer polo seu sitio natural, corre por encima da estrada o que pode provocar co paso do tempo que se vaia degradando o asfalto. Os veciños de Vilaronte, mais concretamente da estrada que da servicio á Cernada queixáronsenos nos últimos tempos deste importante problema, esta estrada pertence á rede de estradas da Deputación Provincial de Lugo co epígrafe LU-P-2003.

Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:
-Instar á Deputación Provincial de Lugo a limpeza das cunetas da estrada LU-P-2003, estrada da Cernada na parroquia de Vilaronte.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive