25 de Maio de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

NNXX de Burela critican que o Concello pechase a Biblioteca durante o Nadal, a pesares de ser unha das maiores demandas da xuventude por cadrar cos exames

10-02-18

Burela, 10 de febreiro de 2018.- Novas Xeracións de Burela manifesta o seu rexeitamento á resposta ofrecida polo alcalde da localidade á pregunta formulada polo Grupo do PP sobre o peche da Biblioteca municipal en Nadal, pois “unha das maiores demandas da xuventude no noso concello é a apertura do servizo público de biblioteca durante a época de preparación de exames”, precisan.

Por este motivo, o voceiro desta formación, Aitor López, pídelle “ao rexedor e ao señor concelleiro de Cultura Llano que se poñan a traballar”, xa que, ademais este último, tamén é o titular de Educación e, polo tanto, subraia, “ten a responsabilidade de defender os dereitos e os servizos públicos, que pagamos todas e todos orientados ao estudo e á formación”.

Petición á Deputación
Deste xeito, dende a agrupación xuvenil censuran a decisión dos dirixentes locais, lamentando que “este Nadal estas dependencias municipais voltasen a estar pechadas tódalas tardes en plena época de exames”, insisten. Dada a necesidade, instan ao Goberno local a buscar unha solución que podería pasar, sinalan, por solicitar á Deputación, a través de programas como o Ben Empregado, a contratación dunha persoa que poida prestar este servizo e así a Biblioteca podería estar aberta “nos momentos que máis a precisamos”.

Alcalde de paso
Novas Xeracións sae así ao paso “do pasotismo” co que actúa o socialista, quen a semana pasada, no pleno do Concello, e diante a pregunta do grupo do municipal do PP sobre o referido asunto, “non dixo nin si nin non, non aclarou nada”.

“Dá a impresión de que este alcalde está de paso, de que non quere afrontar os problemas nin solucionalos. Dá a sensación de que se está rindo da xuventude da nosa vila”, sentencian.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive