21 de Agosto de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Normas para a publicación de novas en crónica3

05-02-18

elenlace_main_dominios_reenvio_mailCrónica3 é un medio en galego. A política que seguimos dende hai 15 anos é a de publicar as notas que nos chegan e como nos chegan, sempre que sexan de información da comarca da Mariña.
Os formatos que admitimos para os textos son doc ou odt e jpg para as imaxes
As notas que se remitan noutro idioma que non sexa o galego NON SE GARANTIZA A SÚA PUBLICACIÓN. E no caso de que se faga, darase prioridade ás que si veñan en galego
Os cadros insertados en textos non se tratarán como tal, polo que pedimos non se inclúan.
En canto aos textos, pregamos non veñan en 1ª persoa e que se revisen antes de mandalos. Non garantimos a corrección de todas as faltas de ortografía que puideran traer os orixinais
No que respecta ás imaxes, pregamos que teñan configuración horizontal. Carteis ou fotos en vertical é moi posible que non se publiquen.
Moitas grazas por confíar en crónica3

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive