17 de Novembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O BNG de Viveiro demanda ao goberno municipal melloras na atención á veciñanza dos servizos municipais

09-02-18

Viveiro, 3 de febreiro de 2018.- O BNG de Viveiro ven de presentar no concello un escrito dirixido ao goberno municipal demandando melloras dos servizos municipais na atención á veciñanza.

@s nacionalistas, facéndose eco de queixas veciñais, denuncian que sendo os Servizos sociais municipais o sistema de protección social máis próximo da veciñanza e do seu ambiente familiar e social e en especial de quen está, ou corre o risco de estar, en situación de carencia ou marxinación, e ademais sendo a súa función primordial a de desenvolver programas e prestar axudas que favorezan á integración e benestar social das persoas para garantir a atención das necesidades sociais de toda a poboación do concello, non entenden que se estea a aprazar a atención de solicitudes de axuda de usuarios en situación de emerxencia social simplemente pola mala fortuna de que as súas peticións coincidiran cunha ausencia ou baixa laboral d@ traballador/a que lles corresponden pola zona do concello onde están empadroad@s.

O Bng demándalle á alcaldesa e ao seu equipo de goberno que os servizos sociais do Concello lle preste a necesaria atención a todos os usuarios en situación de emerxencia social que acuden a ese Servizo Municipal, sen que se teña en conta, nestes casos, o/a traballador/a social que lles correspondan segundo a zona do concello onde resida, co obxecto de evitar que se repitan estas situacións de desamparo e desatención.

O BNG de Viveiro tamén denuncia as dificultades coas que a veciñanza se atopa de cando en vez para a presentación de documentación e escritos na oficina de rexistro xeral do concello debido á ausencia temporal, atendendo ao seu lexitimo dereito de pausa, do persoal destinado nesa oficina. Entende o BNG que o deber do Concello e velar tanto polos dereitos dos traballadores/as como polos dereitos das veciñas e veciños, sendo os responsables do concello os que deben establecer as medidas necesarias para lograr unha axeitada organización do traballo que permita compatibilizar ambos dereitos, e demanda á Alcaldesa e o seu goberno que adopte estas medidas na oficina de rexistro, adscribindo o persoal necesario a esa unidade de traballo para establecer turnos de atención ao público, evitando así que se interrumpa a prestación do servizo da oficina de rexistro, tal como esixe a lei.

Por último, a organización nacionalista demándalle ao goberno municipal adopte medidas organizativas para que a oficina municipal do Catastro preste servizo á veciñanza os cinco días laborables da semana e non tres como está a facer actualmente, así como demándalle ao goberno que lle esixa á empresa concesionaria de aguas de Viveiro, Viaqua, SA, a apertura da oficina de servizo municipal de augas no mesmo horario que os traballadores do Concello, ampliando así a franxa horaria de atención aos usuari@s deste servizo, que veñen queixando desde hai tempo do horario actual de apertura da oficina do servizo municipal de augas, xestionada por Viaqua e da atención telefónica vía 900 que desvia as súas chamadas a unha centralita da empresa en Madrid e non permite que @s usuari@s podan ser atendidos directamente pola oficina de Viveiro

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive