22 de Febreiro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O BNG leva ao parlamento os problemas xerados pola actividade mineira da explotación das louseiras en Mondoñedo

03-02-18

4 - FOTO LOUSEIRAS MONDOÑEDOMondoñedo, 3 de febreiro 2018. A deputada do BNG, Olalla Rodil presentou unha iniciativa no Parlamento de Galiza co obxecto de que se aclare cal é a situación legal ao amparo da que está actuando a empresa Pizarras Veira do Río S.L. na explotación de dúas cuadrículas mineiras no concello de Mondoñedo (As Revas nº 5646 e Ampliación As Revas nº 5873) e que afectan prinicipalmente ás parroquias de Santa María Maior e Lindín.
Xa no mes de decembro reuníranse Olalla Rodil e o portavoz municipal Eloi Cabanas, a concelleira Elena Freire, a responsable comarcal Ana Ermida e o deputado provincial Antonio Veiga, c@s afectad@s, e estes alí lles trasladaran os múltiples inconvintes e perxuizos que esta actividade lles está provocando na zona, afectando a vías de titularidade municipal e provincial que tenen que utilizar todos os días, ruidos, e danos medioambientais con incluso un verquido de aceites e gasóleo na vía pública.
O BNG exixe un control exhaustivo na zona por parte dos organismos competentes da Xunta e do Concello
Por todo iso, o BNG exixe desde o Parlamento, que os organismos competentes da Xunta nesta materia fagan un control exhaustivo da actividade mineira na zona desta empresa, máxime cando esta tén recibido fondos públicos en forma de axudas para a súa ampliación e modernización.
“Non podemos consentir os atropellos desta empresa e os perxuizos que lle está a provocar á poboación. Nós entendemos que as empresas tenen dereito á súa actividade industrial pero deben cumprir a lexislación vixente na materia, e o Concello e a Xunta, no uso das súas falcultades deben facerllela cumprir para evitar perxuizos á veciñanza” manifestou Eloi Cabanas, concelleiro-portavoz do BNG na corporación mindoniense.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive