22 de Febreiro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de Barreiros, acolleu a celebración do Festival de Entroido Infantil e Xuvenil. Houbo baile, música, desfile, maxia e agasallos para todos os participantes, ademáis de premios para os mellores disfraces. Os cabezudos non quixeron perder esta cita e estiveron acompañando e animando aos asistentes

12-02-18

120218 Foto Entroido Barreiros 3O Concello de Barreiros organiza o Desfile e Baile de Entroido, que terá lugar o 16 de febreiro a partir das 21:00 horas na Praza do Concello. Unha vez rematado o desfile, ás 22:30 horas celebrarase unha cea na Praza do Concello, servida polo catering Chao dos Navais, na que o menú estará composto por empanada, entrantes fríos, churrasco, pan, bebida e postre a un prezo de 15 euros por persoa. O teléfono para reservas é o do Concello de Barreiros 982 124 002, e a retirada de tarxetas farase no Concello ata o 13 de febreiro de 9:00 a 14:00 horas previa reserva. Ao final da cea procederase á entrega de premios e terá lugar o Baile de Entroido amenizado polo grupo musical Lecer. Este programa do Entroido está organizado polo Concello coa colaboración dos Comerciantes de Barreiros, Os Macanudos, Habelas Hainas e Catering Chao dos Navais.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive