25 de Maio de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP de Burela considera que o Goberno municipal ten que asumir a responsabilidade da baixada de poboación do concello

09-02-18

BURELA, 9 de febreiro de 2018.- O Grupo Municipal Popular do Concello de Burela demándalle ao alcalde e aos seus concelleiros “menos soberbia e máis humildade e traballo”. Os populares fan esta petición, logo de que a concelleira Patricia Otero atribuise ao Goberno municipal socialista a baixada do paro en Burela no ano pasado durante o transcurso do pleno do pasado xoves.

Deste xeito, dende o PP consideran que “xa que, textualmente, a edil afirmou que dende que gobernamos nosotros, el paro ha bajado en Burela”, tamén son achacables aos socialistas o importante aumento do desemprego en xaneiro do presente ano, e mesmo a baixada constante da poboación que rexistra o concello dende 2015.

E é que, segundo indican os populares, a meirande parte das contratacións feitas polo Executivo do PSOE son debidas a aportacións da Xunta de Galicia. É o caso das persoas con RISGA, os alumnos do obradoiro de emprego, socorristas, etc.; “todos eses postos de traballo son subvencionados ó cento por cento polo Goberno galego”, remarcan.

“Un insulto aos parados”
Por tanto, para os edís do PP, as manifestacións de Patricia Otero son “un insulto aos parados”, xa que o Goberno do que forma parte no seu día presumiu de ter un plan de emprego que non executou, ou contemplou unha liña de quince mil euros de axudas a empresas para contratación, que logo desviaron a actividades festivas municipais. “Ao mellor están aí as causas da perda de poboación do noso concello”, insisten.

“Non pode dar exemplos de nada”
Ademais, continúan, “esta señora non pode dar exemplos de nada”. Proba delo, sinalan, é que o seu traballo en Servicios Sociais “está a anos luz do feito polas tres concelleiras anteriores e, en economía, o seu traballo tamén é moi mellorable, e iso, apuntan, “que cobra 14.000 euros ao ano, por catro horas diarias de dedicación, permitíndose o luxo de ausentarse algunha que outra vez ás Xuntas de Goberno e algún Pleno”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive