25 de Maio de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP pídelle á Deputación de Lugo que aclare cómo deben presentar as solicitudes os interesados en optar ao Ben Empregado IV

06-02-18

Lugo, 6 de febreiro de 2018.- O Grupo Provincial do PP pídelle a Deputación de Lugo que aclare cómo deben presentar as solicitudes os interesados en optar ao Ben Empregado IV, cuxas bases acaba de facer públicas o organismo provincial. Unha vez analizada a información feita pública polo Goberno Provincial desde o PP consideran que non establecen de forma clara cómo deben presentar as solicitudes os desempregados da provincia que decidan participar no programa col fin de ser seleccionados para traballar nas empresas beneficiarias do mesmo.

Desde o PP sosteñen que se trata dun proceso que non debera supor ningunha dúbida para os demandantes de emprego, senón que debera ser absolutamente claro e doado para aqueles que buscan traballo, de cara a súa inserción laboral.

Así, nas bases que rexen a convocatoria pública para a selección dos desempregados no programa da provincia de Lugo Ben Empregado IV publicadas no BOP o pasado sábado, establécese que deben presentar as solicitudes na oficina virtual da axencia de colocación.

Presentación de solicitudes (segundo o BOP)
Para poder ser traballador nas empresas seleccionadas como beneficiarias das axudas reguladas nesta convocatoria deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que figuran como anexo destas Bases e que se porá a disposición dos interesados na páxina web institucional da Deputación de Lugo (www.deputacionlugo.gal) a través da Axencia de Colocación.

A solicitude (Anexo I, II) deberá presentarse na oficina virtual da axencia de colocación; https://deputacionlugo.portalemp.com.

http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fdoc_BOP.jsp&contenido=35297&tipo=5&nivel=1400&layout=p_20_contenedor1.jsp&language=gl

Pese á publicación do BOP, onte luns, o día que abriu o prazo para a presentación de solicitudes, a Deputada responsable deste programa, Sonsoles López Izquierdo, fixo as seguintes declaracións, recollidas pola propia web da institución lucense:

– O BOP publicou este luns a listaxe dos perfís laborais os que poden concorren lucenses no paro a través desta programación. Os interesados poderán inscribirse ata o 19 de febreiro a través da Axencia de Colocación ou nos Rexistros Provinciais.

http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fnot_d4_v1.jsp&contenido=35321&tipo=8&nivel=1400&layout=p_20_contenedor1.jsp&codResi=1&language=gl&level=1

Desde o PP lembramos o que establece a Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas:

Artículo 16. Registros.

4. Los documentos que los interesados dirijan a los órganos de las Administraciones Públicas podrán presentarse:

a) En el registro electrónico de la Administración u Organismo al que se dirijan, así como en los restantes registros electrónicos de cualquiera de los sujetos a los que se refiere el artículo 2.1.

b) En las oficinas de Correos, en la forma que reglamentariamente se establezca.

c) En las representaciones diplomáticas u oficinas consulares de España en el extranjero.

d) En las oficinas de asistencia en materia de registros.

e) En cualquier otro que establezcan las disposiciones vigentes.

5. Los documentos presentados de manera presencial ante las Administraciones Públicas, deberán ser digitalizados.

Reglamentariamente, las Administraciones podrán establecer la obligación de presentar determinados documentos por medios electrónicos para ciertos procedimientos y colectivos de personas físicas que, por razón de su capacidad económica, técnica, dedicación profesional u otros motivos quede acreditado que tienen acceso y disponibilidad de los medios electrónicos necesarios.

8. No se tendrán por presentados en el registro aquellos documentos e información cuyo régimen especial establezca otra forma de presentación.

Unha xestión que segue a ser deficiente
Así, os populares denuncian que a Deputación de Lugo nas pasadas edicións do programa Ben Empregado non facilitou a inscrición a través da sede electrónica como así debera facer con todos os procedementos deste tipo e trámites similares.

Por se isto fóra pouco, na actualidade, o equipo de Goberno ten una nova “ocorrencia” e nas bases establece como única forma de presentar as solicitudes a través da oficina virtual da axencia de colocación, aloxada nunha web que está máis tempo caída que en activo.

Pese ao que figura nas bases, a deputada responsable deste programa afirma que os interesados poderán inscribirse ata o 19 de febreiro a través da Axencia de Colocación ou nos Rexistros Provinciais o que xera unha enorme confusión para os interesados en anotarse. A Deputación de Lugo segue así sen darlle cumprimento ao que esixe a normativa con respecto á implantación do rexistro electrónico, algo que consideran “unha deficiencia máis na xestión dos socialistas”.

Unha web pouco funcional
A maiores, o Grupo Provincial do PP esíxelle á Deputación de Lugo que vele polo correcto funcionamento da web da institución provincial de xeito xeral e, en particular, durante o prazo aberto para esta e outras convocatorias xa que hai días nos que a mesma non funciona durante horas.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive