23 de Maio de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP provincial continúa achegando o Partido á sociedade, coa organización do foro “Por que as vacinas son boas”

13-02-18

20180212_135338 (1)LUGO, 13 de febreiro de 2018.- O PP da provincia de Lugo dá un paso máis no obxectivo de achegar o Partido á cidadanía a e de coñecer as principais fortalezas e debilidades tanto dos distintos axentes sociais e económicos, como dos sectores que operan na sociedade. Desta volta, o tema que se someterá a debate será a utilidade das vacinas, e farase nun acto que terá lugar o vindeiro xoves, 15 de febreiro, no Hotel Méndez Núñez, e no que participará o xefe de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Hula, o Doutor Carlos Quintas.

Deste xeito, tal e como subliña, a responsable da Comisión de Sanidade, Encarna Amigo, “queremos que sexan os profesionais responsables dos servizos, verdadeiros coñecedores do seu funcionamento, os que transmitan de primeira man como funcionan as vacinas, sobre todo, nesta época, que é cando o pico da gripe está máis elevado”, indica.

O foro, organizado dende área que dirixe a tamén concelleira no concello de Lugo e deputada no Parlamento de Galicia, dará comezo ás 19.00 horas. O obxectivo do mesmo radica na necesidade de coñecer de primeira man o funciomento e os beneficios da aplicación das distintas vacinas. Está aberto a especialistas e persoal sanitario, pero, sobre todo, a calquera persoa que poida estar interesada.

“O que pretendemos é establecer un diálogo para lograr unha xestión áxil e sostible de todos os servizos sanitarios”. E para iso, engade Encarna Amigo, “cremos que son necesarios debates coma este, pois a Sanidade nunca pode ser obxecto de confrontación, senón que debe de ser defendida entre todos. E neste cometido, os partido políticos estamos para impulsar medidas que contribúan a garantir plenamente a asistencia sanitaria, pública, equitativa e de calidade”, destaca.

Tal é así que a responsable da Comisión de Sanidade, agradecendo o traballo do resto de integrantes da mesma, adianta que xa están a traballar para levar a cabo novas iniciativas.

Currículo do ponente
Encarna Amigo, que é reumatóloga de profesión, pon en valor que para a ocasión “contemos coa profesionalidade e calidade humana do intervinte”. Carlos Quintas é médico especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública, e en Medicina do Traballo. Na actualidade, tamén ocupa o cargo de xefe do Servizo de Medicina Preventiva do Hospital Lucus Augusti. Ademais, é membro da Sociedade Española de Medicina do Traballo e da Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais.

Intenso traballo
A organización deste encontro non é unha actividade illada dentro das liñas estratéxicas do Partido Popular de Lugo, senón que complementa o traballo que se leva facendo nos últimos meses, e a través das distintas comisións. Por exemplo, no mes de xaneiro, dende a área de Educación celebrouse a xornada informativa sobre ou uso das redes sociais nos adolescentes, impartida polo xuíz Vázquez Taín, e que reuniu na sede do PP a unhas 300 persoas, ademais de distintos cargos orgánicos e institucionais do Partido, como foi o conselleiro de Eduacación, Román Rodríguez.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive