20 de Agosto de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Praias de Barreiros reengánchase á loita polo primeiro posto

13-02-18

praiascentenoBarreiros 13-2-18. Non sen sufrimento, o conxunto dirixido por José Antonio Fernández recuperou o liderato da Preferente Galicia Norte.

Tras un mal comezo de ano 2018 (cun empate na pista do Parrulo B e unha dolorosa derrota no Municipal ante o Castroverde), o conxunto barreirense viuse superado na clasificación polo Concello de Begonte e polo Jogafan Ordes. Mais , porén, os papeles volvéronse invertir trala disputa da xornada 16, o conxunto mariñán volveu tirar de épica e volveu amosar todo o seu pundonor ó igual que na pasada xornada ante o Chacala Arzúa e volveu acadar outra nova, axustada e sufrida victoria por 2 goles a 3, nesta ocasión grazas ó apoio dun Pavillón Municipal que levou en volandas ós barreirenses. O Praias de Barreiros deulle a volta a un 0-2 desfavorable en cinco minutos máxicos, grazas ós tantos de Sergio, Charly e Xoia. Este triunfo sumado á derrota do Concello de Begonte ante o Parrulo B (0-3) permítelle ós barreirenses recuperar o primeiro posto da clasificación a falta de 6 datas para a conclusión da Preferente Galicia Norte.

O Praias de Barreiros descansará na próxima xornada e volverá á competición o próximo 24 de febrero na pista do Stellae F.S. Un parón que servirá para sosegar o estado actual do conxunto e para coller forzas de cara ó tramo final de liga. Para iso o conxunto barreirense quixo facer piña en torno a un dos patrocinadores do clube como é Pinturas Centeno, apoio fundamental dende a creación da entidade. Directiva, corpo técnico e plantilla fotografáronse no Pavillón Municipal de Barreiros con Iván Centeno, a “alma máter” da empresa de pintura orixinaria de Reinante.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive