25 de Maio de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Pregunta Pleno Febrero PP Viveiro

05-02-18

Viveiro, 5 de febreiro de 2018. Antonio J. Bouza Rodil, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Sra. Alcaldesa da Corporación, as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.

O 23 de xaneiro, o Sr. Concelleiro de Medio Ambiente advertía nos medios dunha importante plaga de procesionaria no parque Pernas Peón de Covas, en concreto nunha zona de piñeiros situada fronte o camping. Poñía sobre aviso das graves consecuencias que o contacto con estas orugas podía ocasionar tanto ós cans, coma ós nenos que habitualmente acuden a disfrutar do parque.

Non cabe ningunha dúbida da conveniencia de informar desta circunstancia ós usuarios do parque, pero tamén resulta recomendable adoptar algún tipo de solución para controlar dita plaga e máxime cando entraña riscos para a saúde das persoas. Por este motivo lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa:

1- Adoptaronse algún tipo de medidas para darlle solución a esta importante plaga de procesionaria?
2 – En caso afirmativo, en que consistiron ditas medidas?
3 – En caso negativo por que non se fixo nada ó respecto?
4 – Teñen pensado facer algo no futuro para atallar esta plaga?

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive