21 de Agosto de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

“SEGURO QUE TENDES PERMISO”

09-02-18

jc-pineiro-docampoNon vos amoledes, seguro que non vai ser traizón, nin venderse, nin renuncia ós valores, nin sequera perda de identidade. Ó contrario seguro que se o facedes ben tendes permiso e recoñecemento da sociedade galega. Iso é a vosa función, servir ós galegos e galegas, para iso sodes un Grupo Confederal, para buscar o mellor para Galicia, ou non?
Galicia xógase moito na negociación dos orzamentos do Estado: financiamento, tarifa eléctrica galega, conexión corredor atlántico, carga de traballo das fragatas F100, AP9, transferencias, combustibles, recoñecemento como nacionalidade histórica…en definitiva calidade de vida para o Pobo Galego e recoñecemento. Non val ter envexa do PNV e de CC, compre actuar con dignidade e pragmatismo para servir a Galicia como ferramenta de cambio, onde se pode actuar, e onde se pode mudar. Lembro que sodes 5 deputados/as, que na actual situación do PP sodes exército.
A marcha de De Guindos e a máis que segura caída de Soraya non ven máis que a demostrar o cansazo do proxecto M. Rajoy, que como me temo leva a un salto de Feijoo que a todas luces vai camiño de cruzar os Ancares, situación que pode perpetuar ó PPdG sen moito esforzo.
É hora da política con maiúsculas da que pode cambiar o panorama en todas as contendas. Seguro que tendes permiso, para cumprir a promesa que non sodes quen de cumprir, ser un grupo galego no Congreso.
É hora de rachar as cadeas da Complutense e ser unha ferramenta ó servizo da Nosa Terra. Que diferenza a En Marea de PP e PSOE? Nada os centros de decisión están onde están.
Mais non teño esperanza ningunha, a “Nova Política” é peor que calquera política anterior, os movementos vense dende lonxe, unha pena para Galicia estar ó servizo do líder supremo.
Sorte para Euskadi e Canarias, os avances deste período serán sempre valorados, logo virá o discurso fácil… son de dereitas… vendéronse… a xente sabe que non é certo son prácticos e pragmáticos e preocupados pola súa xente, aínda que non se senten en cadeiras en forma de circulo, que son para min o síntoma de que o líder quere ter a todos controlados e as costas limpas.
Galicia precisa unha forza válida sen mochilas e eivas, unha forza que poña a Galicia na situación que merece, niso andamos moitos.

Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive