25 de Maio de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Técnicos municipais colocan desde este luns en barrios e parroquias o bando do Concello de Ribadeo e os planos dos núcleos de poboación onde hai masas forestais que están a incumprir a lei ve prevención de incendios forestais

12-02-18

120218 Foto colocación bando Ribadeo 1Ribadeo, 12 de febreiro de 2018. Técnicos municipais colocan desde hoxe en barrios e parroquias o Bando do Concello e os planos dos núcleos de poboación onde hai masas forestais que están a incumprir a lei de prevención de incendios forestais da Xunta.
O equipo de goberno continúa así co traballo iniciado hai uns días enviando tamén as notificacións individuais aos 700 propietarios de masas forestais que se atopan e menos de 50 metros de casas ou de núcleos de vivendas. Deste xeito seguen as instrucións dadas polo goberno municipal de Ribadeo para que todos os veciños e veciñas saiban que teñen ata o 1 de xuño para proceder á limpeza deses terreos. De non ser así o Concello impoñeralles as sancións correspondentes ou procederá á execución subsidiaria.
O alcalde, Fernando Suárez, dicía hai uns días: “recoñecemos e respectamos a propiedade particular, pero os propietarios deben respectar tamén o que di a lei, e o que di é que nos 50 metros desde o núcleo rural ou no defecto deste, desde as paredes das vivendas, hai que manter unha faixa de protección de 50 metros sen arborado como eucaliptos, piñeiros, acacias, etc… ”.
O Concello está a enviar cartas individualizadas a todos os propietarios, segundo os datos que constan no catastro. E procede desde hoxe, luns, a poñer en todos os barrios e en todas as parroquias de Ribadeo, bandos informativos cos planos onde se ven todas as parcelas que están incumprindo a lei de incendios. O rexedor subliña que “aquelas persoas que teñan calquera dúbida a este respecto poden dirixirse á Área de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo”.
Todo este traballo realízase co obxectivo de diminuír as consecuencias dos lumes que se poidan producir na época estival.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive