21 de Xuño de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A cociñeira italiana María Antonietta Santoro desenvolveu este martes actividades no IES de Foz e visitou Mondoñedo e Lourenzá

06-03-18

Foz, 6 de marzo de 2018. A prestixiosa cociñeira italiana María Antonietta Santoro desenvolveu hoxe, martes, a súa segunda xornada na Mariña, que incluíu actividades no IES de Foz e visita a Mondoñedo e Lourenzá.
Pola mañá María Santoro estivo no IES focense co alumnado de 2º de Cociña e elaboraron unha carta italiana, cun menú proposto por ela e baseado nos seus pratos máis coñecidos, como Purea de fave e cicoria ou o prato que presentou na Expo de Milán, Strascinati Expo, ademais de Agnello con patate al forno. Para a sobremesa elixiu unha Mousse de ricotta, que foi elaborada polos alumnos de 2º de Dirección de Cociña. E pola tarde visitou Mondoñedo e Lourenzá.
Para mañá, mércores, María Santoro ten programada unha visita a San Andrés de Teixido, Loiba, Ortigueira, O Vicedo e Viveiro durante a mañá e pola tarde impartirá un curso para alumnos do ciclo medio de cociña de adultos e para profesionais de hostalería da Mariña nas instalacións do IES de Foz, onde se elaborarán pratos típicos da rexión de Basilicata. Esta actividade realizase coa colaboración da Mancomunidade de Municipios da Mariña e da Federación de Comercio da Mariña (FCAM).

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive