13 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Deputación forma no uso do Sistema de Información Xeográfica a técnicos municipais da Mariña

06-03-18

IMG_20180305_185601_Lugo 6-3-18. O Goberno da Deputación ofrece formación gratuíta a técnicos municipais de 13 Concellos da Mariña a través do Curso de Sistemas de Información Xeográfica (SIX) orientado á xestión técnica municipal. Trátase da nova iniciativa da Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos da Deputación, na que participan 22 técnicos, co obxectivo de mellorar o coñecemento de ferramentas informáticas para os técnicos municipais e deste xeito poder prestar unha mellor calidade no seu traballo diario, reducir custes e garantir a prestación de servizos básicos. Os Concellos que participan son: Alfoz, Barreiros, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Trabada, Viveiro e Burela.

O curso, que se desenvolve ata o 16 de marzo nas dependencias da AULA CEMIT de Barreiros, está impartido por técnicos do Laboratorio do Territorio (LaboraTE) da Universidade de Santiago no Campus Lucense. A formación consiste no emprego de Sistemas de Información Xeográfica co uso do programa de software libre Quantum GIS(QGIS). Desta maneira os técnicos municipais dos concellos da Mariña Lucense poderán coñecer dita ferramenta tan demandada e pouco empregada pola administración local.

Os Sistemas de Información Xeográfica e a Enquisa de Infraestrutura e Equipamentos Locais serven para elaborar planos con cartografía totalmente actualizada, mellorando a calidade nos informes municipais. Ademais ditos programas poderán empregarse como instrumento básico de análise e valoración dos bens e servizos dos concellos, así como para a planificación do territorio que se xestiona.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive