26 de Setembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A deputada do BNG no Parlamento europeo, Ana Miranda reúnese este venres día 16 en Celeiro co sector pesqueiro

13-03-18

A Mariña, 13 de marzo 2018. A deputada do BNG no Parlamento Europeo visitará a comarca da Mariña este venres, e reunirase ás 17h na sede de Porto de Celeiro co sector pesqueiro, representantes de Porto de Celeiro e da Confraría de Celeiro. Entre outros, un dos temas a tratar será a situación na que se atopa a actuación “Saneamento de Celeiro e mellora da Edar de Viveiro”, cofinanciada pola UE a través do FEDER no marco do Programa Operativo “FEDER Galicia 2014-2020, tal como recolle o convenio asinado entre a Xunta e o Concello de Viveiro en setembro de 2016.

Esta preocupación non só do sector pesqueiro, senón de todas a veciñas e veciños e Celeiro e Viveiro, é algo ao que desde o BNG de Viveiro consideran que lle hai que dar unha solución urxente, e axilizar a execución desa obra e o arranxo do emisario submarino que leva varios anos roto, a escasa distancia das instalacións de Porto de Celeiro S.A.

Desde o BNG xa instaron ao Concello de Viveiro e á Xunta de Galicia á rápida execución desta actuación, de vital importancia para Viveiro, máxime cando o convenio asinado contempla a execucíón da mesma entre o 1-12-2016 e o 31-12-2020.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive