21 de Xuño de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A lusa Jenny Santos, reforzo para as filas laranxas

03-03-18

jenny-pescaraBurela 2-3-18. O Pescados Rubén Burela FS formalizou a chegada da lusa Jennifer Santos Rodrigues, máis coñecida como Jenny, na pelexa do podio de Primeira RFEF. A ala-pivote, de 25 anos, recalará na Mariña procedende do ASD Pescara italiano, como o segundo reforzo de inverno, tras a internacional brasileira Camila Gadeia.

Formada na base de Del Negro e logo de tres tempadas en Quinta dos Lombos, Jenny defendeu o Sporting Clube de Portugal entre 2015 e 2017, antes de emprender a súa aventura italiana o verán pasado.

A nova xogadora burelista ten prevista a súa chegada a Burela a próxima semana, á espera de recibir a autorización da Federación Italiana para poder vestir a camisola laranxa na liga.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive