26 de Setembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Plataforma Sanitaria apoia a folga do 8 de marzo e anima a todas as mulleres da Mariña a que se adhiran a ela, na medida das súas posibilidades

06-03-18

A Mariña 6-3-18. A Plataforma sanitaria anuncia que apoiará e participará na folga de mulleres do vindeiro 8 de Marzo acudindo ás concentracións que se celebrarán ás 12:30 horas diante dos Concellos de Viveiro, Burela e Ribadeo. Tamén participarán nos actos reivindicativos que se celebrarán en Burela durante a tarde do día 8 de Marzo, segundo lles sexa posible, xa que en moitos casos os servizos mínimos nomeados nos postos de traballo semellan máximos.
Do mesmo xeito animan a todas as mulleres da Mariña a que se adhiran a esta folga que vai máis alá do laboral , facendo un chamamento a facer tamén unha folga de consumo e de coidados. Existen motivos de sobra para secundar esta folga , desde a fenda salarial, as pensións máis cativas ou mesmo que somos as mulleres as que maioritariamente pedimos excedencias ou permisos para o coidado das crianzas ou familiares dependentes e ate o acoso que estamos a sufrir todos os días na rua, nos traballos ou na nosa casa.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive