11 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A política pesqueira así como a comercialización e o consumo serán os temas que se aborden nas XXV Xornadas técnicas de Expomar, que se celebrarán os días 3 e 4 de maio en Burela

13-03-18

Burela, 13 de marzo de 2018. A Fundación Expomar reuniuse nas últimas horas para pechar as temáticas que se abordarán nas Xornadas Técnicas a celebrar o 3 e o 4 de maio. O primeiro día estará dedicado á política pesqueira e o segundo á comercialización e consumo. O alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, anunciou que, debido ao 25 aniversario que se cumpre destas Xornadas Técnicas, haberá un encontro ou acto especial de recoñecemento ás xentes do mar e unha homenaxe a unha persoa ou institución, que destacase pola súa vinculación ao sector nos últimos anos.
Llano explicou que “fixemos a última reunión onte de Expomar para ir perfilando todo o relativo á celebración desta 25 edición que vai ser os días 3 e 4 de maio. Estivemos falando basicamente dos temas que queremos que se traten nas Xornadas Técnicas”.
O presidente de Expomar detallou que “na primeira mesa, que será o día 3, imos tratar de maneira xenérica A política pesqueira, que pode abarcar temas como as obrigas de desembarque, o brexit, a seguridade alimentaria, o relevo xeracional, ou sexa, son temas que están na vangarda das preocupacións do sector pesqueiro. Quedamos de ir mirando quenes poden ser os mellores poñentes para achegarse a falar deses temas que se aborden en Burela”.
Alfredo Llano engadiu que “esta semana xa se pon en marcha este traballo para ver cales son as persoas máis adecuadas para que leven adiante o desenvolvemento destes temas, e xa iremos concretando quenes van ser”.
O alcalde burelés declarou que “a segunda mesa leva o título xenérico de Comercialización e Consumo, e queremos darlle gran importancia para que toda a xente, sexa profesional ou non da pesca, poida achegarse a escoitar estas conferencias porque van tratar temas que preocupan a todo o mundo, como poden ser a nutrición, o comercio e o consumo. Igual falamos tamén algo de seguridade alimentaria, ou vai incluído no apartado da nutrición. Estamos traballando en ver qué persoas poden ser as mellores poñentes para que se acheguen a Burela e poidan falar destes dous temas que cremos son moi importantes. E o encontro empresarial vai ser o día 4 pola mañá”.
Alfredo Llano anunciou que “como este ano toca o 25 aniversario das Xornadas Técnicas e do Encontro Empresarial de Expomar, imos intentar darlle singularidade e concentrar o día 3 o máximo de xente relacionada co mar e coa pesca, facer alí un encontro, e dar unha pequena homenaxe a toda a xente que está aí. Trataremos de buscar un xeito de dar un recoñecemento ben a unha asociación, institución ou a unha persoa que estea moi relacionada co mar, que axudara dalgunha maneira á realización de Expomar ou que axude moito ao sector pesqueiro. Como é o 25 aniversario queremos darlle unha certa singularidade e iremos concretando todo o que imos facer”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive