26 de Setembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A vindeira edición das xornadas técnicas de Expomar e do encontro empresarial de organizacións pesqueiras celebrarase os días 3 e 4 de maio

08-03-18

Burela, 8 de marzo de 2018. A Fundación Expomar está a celebrar as xuntanzas preparatorias para perfilar o programa da vindeira edición das xornadas técnicas de pesca e do encontro empresarial de organizacións pesqueiras, que terán lugar os días 3 e 4 de maio en Burela.
O alcalde burelés e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, declarou que “xa temos reunións para ir mirando os temas que nos parecen máis interesantes para favorecer ao sector pesqueiro a través de Expomar nas xornadas técnicas e no encontro empresarial de organizacións pesqueiras, que se van celebrar este ano os días 3 e 4 de maio. O día 3 van ser as xornadas técnicas e tamén o día 4, que ademais vai ser o encontro empresarial”.
Llano manifestou que “na primeira reunión que tivemos, que hai que facer outra xa este mes, estivemos barallando varios temas, como as obrigas do desembarque, o brexit, plans plurianuais, comercio e consumo, seguridade alimentaria, nutrición, relevo xeracional, etcétera. Temática hai moitísima, pero queremos dar con aquela que máis preocupe e mellor sexa para informar ao sector, é no que estamos traballando”.
O presidente da Fundación Expomar subliñou que “van ser eses días 3 e 4 de maio, tanto na Confraría de Pescadores como en Absa. Miramos de concretar temas e, a medida que se vaian sabendo, iremos informando para que se vaian coñecendo”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive