A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe en Mondoñedo nun acto de homenaxe á escritora mindoniense Elisa Lamas, que foi unha pioneira na defensa dos dereitos das mulleres. López Abella puxo en valor o papel que desenvolveron mulleres como Elisa Lamas, que souberon adiantarse aos seus tempos e sentar un referente para as novas xeracións. Ao respecto, destacou a importancia de seguir traballando na visibilización do traballo e contribución destas mulleres.