26 de Setembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Aberto o prazo admisión de alumnos no Ceip San Cosme de Barreiros

01-03-18

Ábrese oficialmente o prazo de admisión para o curso 2018-2019, tanto para os alumnos que entren por primeira vez no colexio como para os que desexen pedir un cambio de centro. O periodo de admisión estará aberto ata o 20 de marzo. As solicitudes poden tramitarse vía presencial ou vía electrónica na páxina da Xunta. Dende o Ceip San Cosme abren as súas portas a todos aqueles interesados en coñecer as instalacións ou a metodoloxía educativa. O colexio conta con servizo de comedor propio (non catering), transporte escolar para todo o Concello de Barreiros, wifi, pizarras dixitais, horto ecolóxico e biblioteca renovada. Os alumnos tamén traballan con snappets (tablets para a aprendizaxe a través da metodoloxía dixital)

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive