21 de Xuño de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Actividade no IES Perdouro

03-03-18

IMG_4922Burela 2-3-18. A primeira conferencia sobre STEM do programa “A ponte entre o ensino medio e a USC” verteu sobre a “Intelixencia artificial e xeración automática de linguaxe natural: unha palabra vale mais ca un millón de datos” e foi destinada ao alumnado de tecnoloxía de 4º ESO, 1º Bacharelato e do 2º Ciclo Medio de Instalacións en Telecomunicacións do IES Perdouro de Burela.

Alberto J. Bugarín Diz, enxeñeiro da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) e do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información (CiTIUS) adentrou ao alumnado no mundo da Intelixencia Artificial e no BigData.

No mundo actual, máis que sobrecargado de datos, fanse precisos métodos para extraer información e facela comprensible aos usuarios de aplicacións ou servizos. Por un lado, a intelixencia artificial (IA) proporciona moitos métodos, coma o “data mining” ou o “machine learning,” para facer a análise de datos e a extracción de información. Por outro, a IA combinada coa lingüística computacional, da lugar aos sistemas de Xeración de linguaxe natural, que transforman os datos para transformalos en textos producidos automáticamente en linguaxe natural que conteñen a información más relevante desde datos e a transmite aos usuarios humanos dun xeito comprensible. Nesta conferencia presentaranse as bases xerais dos sistemas Data-To-Text que, dentro da Xeración de Linguaxe Natural, refírse a sistemas nos que os datos de partida son numéricos. Amosouse un bo número de exemplos reais de aplicación destes sistemas en problemas da vida diaria, coma os robots-xornalistas, as predicións meteorolóxicas, os navegadores GPS, os sistemas de supervisión médica ou industrial, entre outros moitos.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive