11 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Actos do día internacional da muller traballadora en Xove

11-03-18

Despois dos actos celebrados o pasado mércores coa participación dos alumnos/as e profesores/as do IES Illa de Sarón, este domingo continuaron os actos do Concello para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora, actos que se están coordinando a través da Concellería de Servizos Sociais. Deste xeito, no Salón de Actos do Centro Cívico, unhas 120 mulleres de tódalas idades participaron na XI CHOCOLATADA “DÍA DA MULLER”. Este acto contou cunha presentación a cargo do alcalde Demetrio Salgueiro, quen leu un manifesto e tamén coa participación da concelleira Ana Abad, quen leu un poema. Rematou a xornada cunha chocolatada con “lambona” para tódalas participantes.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive