11 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Alumn@s de 4º de primaria dos centros educativos de Foz participaron en obradoiros nun laboratorio instalado na Casa da Xuventude

08-03-18

Foz, 8 de marzo de 2018. Alumnos e alumnas de 4º de Primaria dos centros educativos de Foz participaron en obradoiros nun laboratorio instalado na Casa da Xuventude focense. Foi unha das actividades incluídas na campaña titulada Foz conciencia, non somos invisibles, organizada pola Delegación de Muller do Concello focense con motivo da conmemoración do Día da Muller.

A concelleira de Muller, Mercedes González Alonso, explicou que “nestes obradoiros, nos que participaron alumnas e alumnos de 4º de Primaria, mergulláronse no ambiente dun laboratorio que montamos na Casa da Xuventude. Puideron utilizar pipetas, tubos de ensaio, placas de petri, vasos de precipitados, etcétera, tal e como se fai nun laboratorio. Tamén construímos moléculas e palabras a partir dos elementos da táboa periódica. Cada día dedicámosllo a unha científica: o martes a Agnes Pockels e o mércores a Marie Curie. Todos os participantes levaron o seu experimento para a súa casa, así como unha breve historia de cada unha das 21 científicas ás que quixemos dar visibilidade nesta campaña”.

Mercedes González Alonso desexa “agradecer a todos/as a súa participación e o gran ambiente nos obradoiros, nos que as nenas e os nenos amosaron a súa curiosidade e nos que aprenderon de forma sinxela grazas á científica Quimi. Así tamén quero agradecer aos/ás asociadas/os da ACIA-CCA de Foz que se implicaron visibilizando as científicas nos seus establecementos”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive