25 de Setembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

“Aos que sempre chegaron tarde”

08-03-18

Seguramente dentro dalgúns anos todos neste país, que non pode ser unha illa en Europa, estaremos convencidos de que vivimos nun país que foi evolucionando bastante rápidamente en canto á equiparación de sexos. Hoxe 8 de marzo, día da muller, os que temos xa algún anos lembramos feitos na historia recente do país en canto ao camino percorrido nesta equiparación de ámbolos dous sexos.
Facendo una breve reflexión sobre algún dos pasos dados na historia recente, a min ocórrenseme os seguintes:
Lei do divorcio, que foi aprobada coa oposición de sectores importantes, supuxo un dos primeiros pasos para a liberación da muller. Debemos lembrar que entre aqueles que se opuxeron, algúns foron máis tarde os que máis a usaron, non é preciso poner nomes seguro que todo o mundo os recorda.
Lei da despenalización do aborto, grandes manifestacións en contra promovidos por amplos sectores da poboación. Algúns destes sectores non tiñan inconvinte en viaxar a Londres para abortar.
Lei do matrimonio homosexual, de novo grandes algarabías nas rúas con recurso ao Tribunal Constitucional incluido. Hoxe xa ninguén se opón a que cada quen sexa libre de vivir con quen queira.
Hoxe, estes mismos sectores non queren aplicarse o calificativo de feministas, non apoian una folga para visibilizar as diferenzas que aínda existen entre as condicións laoborais, económicas e de todo tipo entre homes e mulleres. O que decía ao principio, no futuro todos estaremos moi convencidos de que vivimos nun país onde a equiparación real entre homes e mulleres se van acercando á realidade e que foi evoluindo rápidamente nos últimos anos. Todo elo a pesar dos que sempre chegaron con retraso, pero non lles quedou máis remedio que recoñecer a realidade.

J. Pedro Chao Polo

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive