Lugo, 23 de marzo de 2016. Arrancan as Rutas Fluviais da Deputación na Ribeira Sacra con máis de 5.600 reservas, un 13% máis que o ano pasado por estas mesmas datas. Do total, 4.895 son para as rutas de Doade e 779 para Belesar. As viaxes arrancarán mañá, sábado 24 de marzo.
Os interesados en desfrustar dalgunha das rutas fluviais da Deputación poden facer a súa reserva a través da Central de Reservas, na que poderán gardar ou comprar os billetes; así como solicitar todo tipo de información. Pódese facer on line as 24 horas en www.reservas.rutasembalses.es; ou ben de luns a domingo de 08:30 a 20:30 horas no teléfono 982-26-01-96 e no email catamaranes.turismo@deputacionlugo.org.
O horario do funcionamento durante a Semana Santa será diario, habendo dúas rutas, unha ás 11.30 horas e outra ás 16.00 horas. Logo da Semana Santa os horarios das viaxes serán:
– Doade: “Canón do Sil”, de Santo Estevo ata o Mosteiro de Santa Cristina; de martes a domingo, e días festivos, en horario de 11:30 e 16:00 horas.
– Belesar: “Ruta do Cabo do Mundo” no Miño, no Concello do Saviñao; os sábados, domingos e festivos nacionais ás 11:30 e as 16:00 horas.
A partires de xullo e ata outubro, haberá viaxes de mércores a domingo, en horario de 11:30; 16:30 e 19:00 horas.
Posta en valor do patrimonio
As Rutas Fluviais da Deputación están dirixidas a promover a riqueza patrimonial e natural do sur da provincia, concretamente da Ribeira Sacra. Os visitantes poderán coñecer no Miño, as Aldeas de Ribeira, as Vides, a Praia da Cova ou a Illa de Maiorga, entre outras belezas. E no Sil, os Miradores de Pena do Castelo, Chelos, Cadeiras, Soutochao, as Ribeiras do Sil ou as vides de Amandi. Con estas rutas fluviais estamos a dinamizar a economía local dos 21 Concellos de Lugo e Ourense que integran a Ribeira Sacra, beneficiando, directamente, aos profesionais dos máis de 400 establecementos da zona.