11 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Campaña do dia do pai do CCHV: “Unha caricatura con papá”

08-03-18

Viveiro 8-3-18. A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a partir deste sábado 10 de marzo a Campaña do Dia do Pai. Nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para celebrar nesta data, un caricaturista realizará caricaturas de pais e fill@s en directo. Tamén se poderán realizar distintas versions de varias xeraciós, é dicir, avó, fillo e net@s, avó e net@s, etc.
O obxetivo é captar as imáxes máis divertidas de avós, pais e fill@s, que reflexen a esencia do Dia do Pai.
Os interesados poderán participar entregando un ticket de compra de calquera dos negocios asociados ó CCHV, cun importe mínimo de 50€, na carpa que se instalará na Praza da Fontenova o sábado día 17 de Marzo de 11 a 14 horas. Permítese a acumulación de varios tickets de cantidades inferiores ata sumar os 50€.
Os tickets serán válidos polas compras realizadas dende o sábado 10 ata o sábado 17 de marzo.
As caricaturas realizaranse por estricto orde de chegada, unha vez comprobada a validez do ticket. A caricatura entregaraselles ós participantes de xeito gratuito.
Os obxetivos perseguidos con tódalas campañas que pon en marcha a asociación, son por unha parte a de premiar a fidelidade dos clientes que apostan por mercar no comercio local, e por outra parte fomentar a unión de tódolos comerciantes da zoa para traballar en conxunto e dinamizar o comercio de Viveiro.
As bases da campaña e tódala información podese consultar na web www.viveirocentro.com, e no perfil de Facebook, Twitter e Instagram.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive