11 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

“CEIP O Vicedo: o centro es ti”

13-03-18

O descenso da matrícula na última década converteu ao CEIP O Vicedo nun centro privilexiado en canto á posibilidade de atención individualizada ao alumnado. Nestes días están a realizar unha campaña por Viveiro para darse a coñecer , ofertando un centro con puntos fortes moi atractivos para as familias como a especial atención individualizada debido a grupos reducidos, o comedor escolar con cociña propia ou o horario facilitador da conciliación familiar, coa posibilidade de permanecer dende as 10:00h ata as 17:00h-18:00h. Se desexan coñecer o colexio e o seu funcionamento poderán acudir ás xornadas de portas abertas, todos os días de 16:00h a 17:00h ata o 20 de marzo, data na que remata o prazo de solicitude de admisión.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive