13 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Compromiso por Galicia reclama un debate de pensións serio e que teña en conta Galicia

13-03-18

Compostela 13-3-18. Os pensionistas son un colectivo social que está hoxe en día en pé de guerra na defensa dos seus dereitos e da súa calidade de vida. CxG defende ás reivindicacións do colectivo en xeral, ten que ser recoñecido que foron os garantes da dignidade de moitas familias na crise, que pagaron dúas veces. Enfronta agora unha suba do 0,25% nas súas retribucións, xa roubadas co co-pago e as conxelacións aplicadas por PP e PSOE.

En Galicia os pensionistas teñen unha importancia vital xa que a denominada Taxa de Dependencia que é proporción entre activos e dependentes de estes é a segunda do Estado. Sendo unha situación que encarece os servizo sociais e o gasto social. A isto unimos que Galicia é a segunda en pensións máis baixas é a mostra de que merece unha actuación especial.

Compre tamén sinalar a singularidade do mercado laboral galego, con profesións moi afectadas polos coeficientes redutores e outras que o merecen e non o teñen como é a agricultura.

Polo exposto queremos introducir no debate de pensións dúas novas variantes en relación con Galicia e outra con visión estatal:

1. Como dinamizador económico e medida de redistribución de riqueza, onde a Taxa de Dependencia supere o porcentaxe de 56 ás pensións se revaloricen nun 3,5% a maiores garantindo unha distribución máis xusta dos fondos do Estado e unha maior capacidade de consumo.

2. Lexislar a aplicación dun coeficiente redutor ás profesións do agro, por conta allea e propia, do 0,3 suxeito á unha continuidade das explotación de a lo menos 15 anos. De este xeito CxG quere dignificar os traballos agrarios e garantir a continuidade xeracional a maiores de loitar contra o despoboamento do rural galego.

3. Vincular o fondo de pensións estatais aos Orzamentos do Estado, de xeito que a súa dotación atenda a criterios de prioridade absoluta, igual que por exe. As forzas de seguridade ou o exercito. Anular o discurso perverso (con connotacións de inducir medo) de asociar a viabilidade das pensións ao número de afiliacións á SS.

No resto de reclamacións adherímonos a sindicatos e asociacións de xubilados, é de xustiza recoñecer o traballo da xente que fixo Galicia dunha forma digna.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive