11 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Con Pólvora e Magonolias: “As nosas hipotecas”

01-03-18

pablo-alvarez-ramosA crise económica que comezou a ocupar titulares, cabeceiras e a encher as nosas bocas aló polo ano 2008 ate o día desta sinatura, mudou para sempre as nosas vidas. Especialmente a dunha xeración, a de servidor, que se criara nunha desas borracheiras de crédito barato que tiñan forma de burbulla.
Crise, burbulla, débeda e hipoteca pasaron a ser termos de uso cotián nas conversas do común; tamén precariedade, desemprego, corrupción e pobreza.
A sociedade do 2018 vagamente se asemella á do 2008; primeiro voltou a politizarse para logo desencantarse, incorporouse a cuestión económica e financeira ao noso día a día e, xa no momento presente, baixamos á area, aos espazos tradicionais de loita, ás rúas e ás prazas.
Viña a falar das nosas hipotecas porque o Pleno da Sala do Tribunal Supremo ven de pronunciarse con respecto a elas.
De seguro a meirande parte de nós escoitemos cantos de serea e non saibamos onde; non debemos alarmarnos o ruído tan só serve para confundir.
O máximo órgano xudicial do estado ven a pronunciarse por unanimidade ao respecto de quen debe asumir o pago do Imposto de Actos Xurídicos Documentados. Iso e nada máis –e nada menos-.
¿Quere dicir que todos aqueles prestatarios que teñan unha cláusula quinta de gastos na súa hipoteca perderán a posibilidade de reclamalos? Non, o pronunciamento tan só vai do imposto.
Pero non vaian pensar que isto é unha minucia, representa, máis do sesenta por cento do gasto reclamable e fixa un criterio que vai ser seguido polos distintos xulgados.
O que se discutiu no Tribunal Supremo en relación coas hipotecas tiña un calibre dunha entidade superior ao das cláusulas de chan, coa salvidade de que nesta ocasión Europa non poderá enmendar a plana: a decisión foi adoptada por unanimidade.
Tan só queda lamber as feridas e reclamar xudicialmente aquelo que é reembolsable: taxación, notaría, rexistro e xestoría. Gastos todos eles que foron impostos sen ningún tipo de negociación.
Voltando ao comezo, a crise non só trouxo consigo a perda da confianza no sector bancario, a falta de seguridade xurídica ou o descrédito cara a lei e a xustiza, senón un medo permanente ao engano que dinamita calquera forma de inversión. Malos tempos para a economía, días grises para o negocio, vellas hipotecas.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive