24 de Abril de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Ducias de persoas asistiron na Praza do Concello de Burela á lectura dun manifesto conmemorativo deste 8 de marzo, día internacional da muller

08-03-18

Burela, 8 de marzo de 2018. A praza do Concello acolleu esta mañá o acto convocado pola Concellería de Igualdade para celebrar o Día Internacional da Muller. Alí deuse lectura a un manifesto conmemorativo desta data, do 8 de marzo.
Ducias de veciñas e veciños se deron cita neste acto no que participaron Patricia Otero e o alcalde, Alfredo Llano. A edil socialista subliñou “o papel tan importante que xoga a muller na sociedade” e engadiu que “se trata de visibilizar con este acto o feito de que constituímos o 50% da poboación mundial e procurar que se valore o noso traballo e contribución á sociedade”.
A programación, con motivo da celebración do 8 de marzo, continúa neste mes, e o vindeiro sábado a asociación de amas de casa Praia da Marosa organiza un xantar que terá lugar ás 14:00 horas. Previamente, ás 13:00 horas, asistirán a unha misa.
Tamén o sábado, 10 de marzo, no auditorio da Casa da Cultura, ás 20:00 horas a actriz Estíbaliz Veiga presentará o monólogo Golpes sobre a violencia machista. A entrada é gratuíta.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive