23 de Xuño de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Elena Candia sinala en Cervantes que “o traballo do PP permite dotar á Deputación dun verdadeiro proxecto de provincia”

03-03-18

IMG_3148Cervantes, 2 de marzo de 2018.- A presidenta do Partido Popular de Lugo, Elena Candia, acompañada do secretario Xeral, Carlos Armesto, e das deputadas autonómicas, Encarna Amigo e Sandra Vázquez, mantivo este venres unha reunión con alcaldes, voceiros, edís e membros das executivas locais dos concellos de Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín, para explicar que o traballo do Grupo do PP na Deputación permitíu “acabar co favoritismo co que gobernaba o Partido Socialista antes de que se quedase en minoría”, ao impulsar proxectos “coas que antes non se contaba”, como son o Plan Único e o Plan de Rehabilitación de Firme de Estradas.

Concretamente, ao abeiro destas dúas iniciativas, os concellos indicados, que contan cunha poboación de 18.100 habitantes segundo os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), percibirán este ano máis de 5,7 millóns de euros.

“Estes plans foron durante moito tempo unha reivindicación do noso Grupo. Agora a Deputación ten un verdadeiro proxecto de provincia”, remacou a dirixente do PP na provincia. Precisamente, neste exercicio o Plan Único, que foi apoiado polos populares no Pleno celebrado este martes, chega á súa segunda edición. Son outros 21 millons repartidos entre os 67 concellos lucenses, dotándoos de contías históricas en áreas como emprego, axuda no fogar, cultura e deporte ou turismo, entre outras. En total, a estes municipios da Montaña neste anualidade correspóndenlle 3 millóns de euros, “que foron distribuídos con criterios obxectivos e non partidistas, aos que hai que engadir os 2,7 millóns para a mellora e mantemento da rede viaria provincial”, explicou Elena Candia.

A este respecto, a presidenta sinalou que este aumento no investimento provincial é consecuencia do traballo dos populares, co fin de que a administración provincial “corrixise a súa tónica de axudar só aos alcaldes amigos e atenda a todos os concellos sen discriminación política”. Precisamente, no marco deste compromiso, engándense outras demandas reiteredas deste Grupo, e que foron incluídas polos socialistas no proxecto de Orzamentos, como é o caso do mantemento das partidas do SAF. Así, as contas deste ano recollen a dotación do Servizo de Axuda no Fogar, cifrada en 1,5 millóns.

Apoio da Xunta
Durante a reunión, as deputadas no Parlamento de Galicia tamén trasladaron aos asistentes os principais investimentos do Goberno galego a estes once municipios. Deste xeito, puxeron como exemplo que o esforzo inversor da administración autonómica se demostra nos preto de 900.000 euros do servizo de Axuda no Fogar; nos tamén preto de 2 millóns no marco do Fondo de Cooperacion Local; na reparación, ampliación e centro de día de Baleira, dotadas con máis de 110.000 euros; nos 607.000 euros consignados na partida de rehabilitación para eficiencia enerxética, en Becerreá; nos 74.000 euros para os centro de Formación Agraria deste mesmo municipio; e o investimento destinado aos labores de desbroce, prevención de danos causados polos incendios e ordenación dos montes nestas localidades.
Precisamente, no marco desta última liña, Encarna Amigo, lembrou que, “xa que estamos nun dos Concellos que máis sofriu a vaga de lumes, cabe incidir nas medidas emprendidas para atallar o que foi a maior lacra medioambiental dos últimos anos”. Neste senso, destacou que, no Parlamento de Galicia, “creamos a Comisión de Incencidos co obxectivo de acadar un pacto de todos os grupos. O obxectivo, puntualizou, ten que ser lumes cero”.
7ª reunión e última
Esta foi a sétima reunión que a dirixente popular e o deputados autonómicos mantiveron cos compañeiros de Partido da provincia para explicar o traballo dos Grupos provincial e parlamentario. Previamente, a dirección do PP reuniuse cos representantes das comarcas de Vilalba, Sarria, Chantada, Lugo, A Mariña e Lemos. “Peinamos a provincia de norte a sur, e de leste a este porque consideramos necesario que os nosos veciños coñezan xa non só o noso traballo, cuestión que consideramos de extraordinaria importancia; senón tamén as medias verdades ou incluso mentira que se dixeron nos últimos tempos”, afirmou Elena Candia.

.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive