25 de Setembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Entrega de premios do I Certame de Curtas de Alfoz e Valadouro

11-03-18

O Valadouro 11-3-18. O pasado sábado, día 10 de marzo, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro, celebrouse a gran final do I Certame de Curtas de Alfoz e O Valadouro, á que concorrían os 8 filmes finalistas. Decidíronse tres premios, coa axuda do público e dun Xurado formado por tres cineastas da Mariña: Miguel García, de Mondoñedo; Xacio Baño, de Xove, e Matías Niceza, de Burela. Asistiron moitos participantes, que chegaron das catro provincias de Galicia, pois un dos requisitos do Certame é que o cine presentado fora en galego. Participaron no certame diversos centros educativos, así como cineastas individuais. Houbo varios xéneros cinematográficos representados, dende as películas de animación ata os documentais e os filmes de ficción. Os Xurados destacaron a calidade dos traballos presentados. Estiveron presentes os Alcaldes de varios concellos mariñáns. Os premios concedidos foron os seguintes:
– PREMIO Á MELLOR PELÍCULA: “REM”, de Xoán Bregua.
– PREMIO DO PÚBLICO: “Os xeranios do señor Alfonso”, de David González.
– PREMIO Ó MELLOR FILME DO VAL: “As cinco marabillas do Val”, de Alberto Geada.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive