23 de Xuño de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Espectáculo e emoción ata o final con táboas no clásico (3-3)

03-03-18

Burela Vs. Futsi_celebraciónGolBurela 3-2-18. A Bomboneira viviu unha tarde de espectáculo e emoción cun final vibrante co empate das burelistas (3-3) como desenlace. Pasou de todo no santuario do Pescados Rubén Burela FS, que ofreceu un recital na primeira parte, viu como se lle escapaba o partido nos dous últimos minutos e agarrou o empate grazas a un dobre penalti de Cami sobre a bucina. “Foi un partido único. Doulle ata un 14 para nosa afección e a primeira dedicatoria deste importante punto é para todo ese público; é emocionante ver así o pavillón” confesaba Julio Delgado ao final do encontro.

Vista Alegre deu un golpe de autoridade fronte ao titánico líder levando a batuta e o perigo na primeira parte. Avisou Tai no minuto 4 cun disparo que se marchou lixeiramente desviado a pase de Dany, pero a escasos segundos a pichichi burelista, Cilene, deu ás á Bomboneira co 1-0, tras roubo na banda sobre Leti. Dany ampliou distancias no 16 en xogada iniciada por Lara e asistida por Tai. Antes, no 13, un prodixioso pé de Jozi salvara o empate fronte a Amelia. Na recta final antes do descanso, a pista vibrou con ocasións por ambos os lados; o pau rexeitou dúas de Cilene e unha de Lara e Jozi freou a Leti.

As madrileñas atoparon o pulo que precisaban no reinicio con gol de Ari aos 21 segundos de xogo; deron un paso adiante en dominio. Freou Jozi a dobre embestida visitante pouco despois fronte a Ju Delgado e Amelia e as burelistas volveron avisar do seu perigo. Dany intentouno no 23 cun meteorito que despexou Marta Balbuena cos pés. Superada a medianía do segundo acto, a gardameta visitantes sacou o terceiro das laranxas por arriba de Cami (minuto 33) nunha contra tras ocasión de Amelia sobre a rede burelista. O Futsi, con Ari, tivo a grande oportunidade de reducir distancias no 35 a balón parado tras falta de Lara; Tai, en barreira pegada ao pau, despexou.

Xa na recta final, transcorrendo o 36, Dany serviu desde o chan unha sublime, unha das máis claras na segunda parte, a Cami, que volveu frear a meta madrileña. Foi entón cando o todopoderoso Futsi apostou por xogo de cinco con Amelia. Así atopou o empate, nas zapatillas de Leti, a falta de 2’31” nun descoido local, e Bea Mateos tamén se enfundou na camisola de porteira xogadora. Ari adiantou as madrileñas de rexeite con 1’25” por diante, con Cami baixo paus sacando en primeira instancia. Non baixou os brazos o Pescados Rubén; entrou o último minuto moitísimo perigo de Lara primeiro, con Cilene como porteira xogadora despois e finalmente co merecido empate, cun dobre penalti sentenciado por Cami sobre a bucina.

Ficha técnica

Pescadso Rubén Burela FS: Jozi, Daniy, Cilene, Bea Mateos, Tai, cinco inicial; tamén xogaron Lara, Cami, Sara Correia, Julia Forsiuk, Judith

Futsi Atlético Féminas: Marta Balbuena, Ari, Leti, Ju Delgado, Ame Romeu, cinco inicial; tamén xogaron Marta Pelegrín, María Sanz, Desi Godoy, Bruna

Goles: 1-0, minuto 4, Cilene; 2-0, minuto 16, Dany, 2-1, minuto 21, Ari; 2-2, minuto 38, Leti; 2-3, minuto 39, Ari; 3-3, minuto 40, Cami (d.p.)

Árbitros: Rivas Fouz // Naray Álvarez (Colexio Galego). Por Burela, amarela a Lara,Tai. Por Futsi amarela a María Sanz, Bruna, Fabi, Leti; vermella a Ju Delgado

Incidencias: Partido correspondente á xornada 19 de Primeira RFEF disputado no pavillón Vista Alegre ante máis de 1000 persoas

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive